" /> Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco': Xullo 2005 Archives
ábaco

Páxina principal | Agosto 2005 »

Venres 29 de Xullo de 2005

"ábaco" presenta duas cartas ó alcalde da Guarda

O pasado xoves, a recentemente constituida Asociación do baixo Miño de Comerciantes e Empresarios, reuniuse co alcalde da guarda para presentarlle dous escritos con demandas dos seus asociados.

A primeira solicitaba a creación duhna “zona azul” gratuita nas ruas céntricas en horas comerciais con prazo máximo de parada de trinta minutos.

A segunda pon de manifiesto a falta de clientela de moitos comerciantes guardeses dende que se precedeu a peatonaliza-la rua Vicente Sobrino e solicitaban face-la rua peatonal fora de horario comercial, sábados pola tarde e fins de semán.

Ademáis de presenta-las cartas falaron de outros problemas do pobo coma o servizo de recollida do lixo, a futura conversión da rua Concepción Arenal (baixada ó porto) en sentido único e a futura saida do porto pola rua Fernández Albor (salida a camposancos dende o porto). Ditas obras comezarán en outubro.

Venres 22 de Xullo de 2005

Primeira reunión de "ábaco" ó público

O xoves 21 de xullo de 2005 tivo lugar a primeira reunión cara o público da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios “ábaco”. á reunión aistiron unhas 30 persoas e explicouse que foi constituida o pasado 27 de xuño e detallaron os motivos principáis para a sua constitución e presentouse á directiva.

Entre os obxectivos constitución destacouse a necesidade de defender os dereitos dos comerciantes e clientes dos problemas máis destacados do pobo nestes momentos como son propoñer ou solicitar medidas para solucionar os problemas de:

Tráfico:

Falta de aparcamentos.
Evidente fracaso das ruas peatonáis en canto a que perxudican ós comerciantes e producen atascos de tráfico tan grandes que obrigan ós Municipáis a desvia-lo tráfico polas propias ruas peatonáis, resultando un sinsenso.
Tentar atopar unha solución á baixada e subida do porto que fai rpácticamente imposible a prsencia de autobuses no porto xa que moitos chóferes néganse a facelo polos riscos que implica.
Solicita-la creación dunha circunvalación para o tráfico pesado.
Impostos municipáis:- Racionaliza-las tasas de recollida de lixo en función do tipo de negocio.

Turismo:

Promoción do turismo
Propoñer a creación dun recibo de subida ó Trega con visitas a distintos lugares de intereses do pobo.
“ábaco” considera que para poder levar eses plans a cabo son necesarios socios e animou a tódolos asistentes a asociarse.

Presentación da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco'

O xoves 21 de jullo ás 21:00 h., na Casa da Cultura (Na rua onde estaba o cine Avenida), terá lugar unha charla presentación da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco' constituida recentemente co obxetivo de representa-los dereitos dos asociados (hostelería, comercio, industria, autónomos, etc.) e clientes.

Trátase dunha asociación sin ánimo de lucro e apolítica. Os obxetivos iniciais son:

Problemas de tráfico: Propoñer alternativas e solucións ós problemas de aparcamento, señalizacións e humanización de ruas.
Impostos municipáis: Conseguir una postura de forza para intentar racionaliza-las tasas de recollida do lixo en función do tipo de negocio.
Ventaxas que ofrece a Asociación:

Cuota reducida e sin entrada.
Tarxeta CentroTiendas.
Acordo comercial co Banco de Galicia con condicións especiais para os asociados.
Representatividade de cada sector mencionado anteriormente dentro da xunta directiva.
Páxina web.
Todos estes puntos serán ampliados na reunión e moi pronto, na moderna páxina web que están desenrrolando.