ábaco

« Nova anterior | Páxina inicial | Nova seguinte »

"ábaco" presenta duas cartas ó alcalde da Guarda

O pasado xoves, a recentemente constituida Asociación do baixo Miño de Comerciantes e Empresarios, reuniuse co alcalde da guarda para presentarlle dous escritos con demandas dos seus asociados.

A primeira solicitaba a creación duhna “zona azul” gratuita nas ruas céntricas en horas comerciais con prazo máximo de parada de trinta minutos.

A segunda pon de manifiesto a falta de clientela de moitos comerciantes guardeses dende que se precedeu a peatonaliza-la rua Vicente Sobrino e solicitaban face-la rua peatonal fora de horario comercial, sábados pola tarde e fins de semán.

Ademáis de presenta-las cartas falaron de outros problemas do pobo coma o servizo de recollida do lixo, a futura conversión da rua Concepción Arenal (baixada ó porto) en sentido único e a futura saida do porto pola rua Fernández Albor (salida a camposancos dende o porto). Ditas obras comezarán en outubro.