ábaco

« Nova anterior | Páxina inicial | Nova seguinte »

Primeira reunión de "ábaco" ó público

O xoves 21 de xullo de 2005 tivo lugar a primeira reunión cara o público da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios “ábaco”. á reunión aistiron unhas 30 persoas e explicouse que foi constituida o pasado 27 de xuño e detallaron os motivos principáis para a sua constitución e presentouse á directiva.

Entre os obxectivos constitución destacouse a necesidade de defender os dereitos dos comerciantes e clientes dos problemas máis destacados do pobo nestes momentos como son propoñer ou solicitar medidas para solucionar os problemas de:

Tráfico:

Falta de aparcamentos.
Evidente fracaso das ruas peatonáis en canto a que perxudican ós comerciantes e producen atascos de tráfico tan grandes que obrigan ós Municipáis a desvia-lo tráfico polas propias ruas peatonáis, resultando un sinsenso.
Tentar atopar unha solución á baixada e subida do porto que fai rpácticamente imposible a prsencia de autobuses no porto xa que moitos chóferes néganse a facelo polos riscos que implica.
Solicita-la creación dunha circunvalación para o tráfico pesado.
Impostos municipáis:- Racionaliza-las tasas de recollida de lixo en función do tipo de negocio.

Turismo:

Promoción do turismo
Propoñer a creación dun recibo de subida ó Trega con visitas a distintos lugares de intereses do pobo.
“ábaco” considera que para poder levar eses plans a cabo son necesarios socios e animou a tódolos asistentes a asociarse.