Descargas
Aquí iremos engadindo arquivos descargables, documentos en PDF, gráficos, logos etc.
Descargar logo de 'ábaco':
" />
« Outubro 2005 | Páxina principal | Decembro 2005 »
Aquí iremos engadindo arquivos descargables, documentos en PDF, gráficos, logos etc.
Descargar logo de 'ábaco':
Na xunta directiva de ábaco estamos moi satisfeitos co traballo desenrolado dende a sua constitucion xa que nos catro meses que lavamos xa acadamos máis de 50 asociados. Neste tempo obtivemos outros éxitos a nivel municipal coma a implantación da zona azul de aparcamento en varias ruas do pobo que está funcionando
moi ben e está aliviando o problema de falta de prazas de aparcamento no pobo.
O proximo 12 de decembro comeza o curso de APPCC para socios e non socios os interesados poden chamar ó teléfono de ábaco 699 240 467.
Membros da xunta directiva de ábaco reunironse hoxe 29 de novembro en Vigo con Pedro Borrajo Rivas, Delegado de Traballo da Xunta de Galicia para tratar diversos asuntos relacionados coa asociación e o comercio na Guarda. Acordouse manter unha nova reunión na Guarda proximamente.
A xunta directiva está formada por:
- José A. Gándara (Presidente)
- Ángel Luis Baz (Vicepresidente)
- Juan Antonio Castro Rodríguez (Tesoureiro)
- Milagros Amador Dacal(Secretaria)
- Fernando Coello Vicente (1º Vocal)
- Juan J. Álvarez Franco (2º Vocal)
- Feliciano Álvarez Rodríguez (3ª Vocal)
- Felipe Gutierrez Estévez (4º Vocal)
- Antonio Vázquez Conde (5º Vocal)
- Pablo Rodríguez Pérez (6º Vocal)
Nos estatutos indícase que os mandatos serán de catro anos, tentando fomenta-la participación dos socios e que tódolos asuntos serán tratados por consenso e por maioría. Tamén se indica que se pretenderá que as xuntas directivas estean constituidas por representantes de tódolos sectores e que as cuotas serán moi reducidas e sen entradas (10 € ó trimestre). A Asociación ofrecerá cursos formativos ós asociados e non asociados e aqueles servizos que sexan solicitados e estén na sua man.
Trátase dunha asociación sin ánimo de lucro e apolítica. Os objetivos iniciais son:
Problemas de tráfico: Propoñer alternativas e solucións ós problemas de aparcamento, sinalizacións e humanización de rúas.
Impostos municipáis: Conseguir unha postura de forza para intentar racionaliza-las tasas de recollida de lixo en función do tipo de negocio.
Ventaxas que ofrece a Asociación:
Cuota reducida e sin entrada.
Tarxeta Centro Tiendas.
Acordo comercial co Banco de Galicia con condicións especialis para os asociados.
Representatividade de cada sector mencionado anteriormente dentro da xunta directiva.
Páxina web.
A instancias do Sr. Presidente convocámoste, como Socio á Xunta Xeral Ordinaria que se celebrará o día 1 de decembro de 2005 no colexio San Xerome Emiliani ás 21,00 horas. En primeira convocatoria e en segunda ás 21,30 horas. Con arreglo o seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior da Xunta Xeral Ordinaria celebrada o 21 de Xullo.
2.- Informe do Presidente
3.- Estado de Contas
4.- Ratificar no cargo de Vocal a Dna. Delia Brandon Domínguez
5.- Rogos e preguntas
A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios-ÁBACO, presentou no concello de A Guarda unha instancia con data 17 de outubro e número de rexistro 6953.
Na mesma, solicita ás autoridades locais que se tomen as medidas urxentes para correxi-lo grave problema dos cheiros insoportables en toda a área do porto, e os verquidos de todo tipo de sustancias nocivas para a saúde procedentes da planta depuradora e das súas estacións de bombeo; co conseguinte risco que representa para a cidadanía. Con este serio inconveniente tamén vese afectada a imaxe do pobo, imaxe que todos queremos sexa de atractivo turístico, e que ante estos acontecimentos dista moito de parecelo, ademáis de afectar coa merma da afluencia turística tanto ós comercios como á hostelería da zona.