ábaco

« Nova anterior | Páxina inicial | Nova seguinte »

Carta de 'ábaco' ó concello polo problema dos cheiros no porto

A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios-ÁBACO, presentou no concello de A Guarda unha instancia con data 17 de outubro e número de rexistro 6953.

Na mesma, solicita ás autoridades locais que se tomen as medidas urxentes para correxi-lo grave problema dos cheiros insoportables en toda a área do porto, e os verquidos de todo tipo de sustancias nocivas para a saúde procedentes da planta depuradora e das súas estacións de bombeo; co conseguinte risco que representa para a cidadanía. Con este serio inconveniente tamén vese afectada a imaxe do pobo, imaxe que todos queremos sexa de atractivo turístico, e que ante estos acontecimentos dista moito de parecelo, ademáis de afectar coa merma da afluencia turística tanto ós comercios como á hostelería da zona.