" /> Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco': Decembro 2005 Archives
ábaco

« Novembro 2005 | Páxina principal | Xaneiro 2006 »

Xoves 22 de Decembro de 2005

Máis de 1.500 nenos xa entegaron seu debuxo a Papá Noel

Pedro Borrajo entrega sua tarxetaImpresionante éxito no primeiro día de recollida de tarxetas... máis de 1.500 nenos pasaron xa polas galerías da Praza Nova e deixaron a súa tarxeta. Entre os asistentes estiveron Pedro Borrajo, Delegado de traballo da Xunta de Galicia en Vigo, que tamén entregou a sua e o Teniente de Alcalde da Guarda Ignacio Saa.

Papá Noel seguirá recollendo tarxetas o venres e o sábado a partir das 11:30 da mañán.

Publicamos os debuxos de Aroa Lomba e Pedro Borrajo de de exemplo e pasadas as festas poderedes ver todas na web. Podedes ampliar as imaxes pinchando sobre elas.


Mércores 21 de Decembro de 2005

'ábaco' nas galerías da Praza Nova

Onte tivo lugar a presentación da nosa campaña de nadal. A tal efecto temos decoradas as galerías da Praza Nova para que os nenos podan entregarlle seus debuxos a Papá Noel... Non faltedes.

Horario:
- 22 de decembro: Pola tarde a partir das 18:30.
- 23 de decembro: Pola mañá a partir das 11:30.
- 24 de decembro: Pola mañá a partir das 11:30.

Podedes pinchar nas fotos para ampliar.
 

Mércores 14 de Decembro de 2005

Presentamos a nosa campaña de Nadal

Clic para ampliarDende fai tres semáns na Asociación de Comerciante e Empresarios do Baixo Miño vimos repartindo entre nosos asociados uns calendarios promocionáis nos que se inclúe o logotipo de tódolos socios dentro dunha árbore de navidade. O calendario pódese colgar ou doblar formando un calendario de sobremesa.
Cos calendarios tamén se reparte unha tarxeta na que os nenos poden rematar un debuxo e envialo á asociación. Tódolos debuxos enviados serán publicados na nosa web.

Os días 22, 23 o noso Papá Noel percorrerá as ruas do pobo repartindo agasallos e pola tarde a partir das 18:00 atopárase nas galerías que comunican a Plaza Nova coa rua de detrás da Plaza de Abastos repartindo regalos e recollendo as tarxetas cos debuxos dos rapaces.

O día 24 estará nas galerías a partir das 10:00 da mañán e ata o mediodía.

Seguindo coa política de traballar preferentemente con empresas da zona, toda a campaña foi deseñada, impresa e desenrolada por empresas do pobo.

Pódese pinchar nas imaxes para velas ampliadas:


Venres 2 de Decembro de 2005

Xunta Xeral Ordinaria de asociados de 'ábaco'

Onte tivo lugar a Xunta Xeral Ordinaria de 'ábaco'.
A dita reunión acudiron dous tercios dos asociados, o que é un éxito, tendo en conta a cantidade que acude xeralmente a este tipo de reunións.

Nela trátáronse tódolos puntos previstos na orde do día.

Orde do día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior da Xunta Xeral Ordinaria celebrada o 21 de Xullo.

2.- Informe do Presidente

3.- Estado de Contas

4.- Ratificar no cargo de Vocal a Dna. Delia Brandon Domínguez

5.- Rogos e preguntas

Xunta Xeral Ordinaria 1 de decembro de 2005<

Xoves 1 de Decembro de 2005

Polémica na reunión provincial de CCA (Centros Comerciais Abertos)

Onte tivo lugar ás 21:00 a reunión provincial de CCA (Centros Comerciais Abertos) para valorar os traballos feitos ata a data polo consello rector provisional da Rede de CCA de Galicia que a Federación Galega está creando no seu seo.

A dita reunión, negouselle a entrada por parte dos Conselleiros de Pontevedra Monumental (Ernesto Filgueira) e Z. Centro (Ángel Méndez en representación de Jose L. Montenegro) a varias asociaciones da provincia, incluida "ábaco"por considerar éstes que segundo o listado proporcionado pola Federación Galega, non son CCA nin áreas comerciáis urbanas.

Ante esta discriminación, o terceiro conselleiro: Cándido Rial, e os demáis asistentes solicitaron expresamente e de forma reiterada a admisión destas asociacións na reunión, xa que todas elas constan como adheridas á Rede segundo acta da reunión da Rede do 15/11/2005; solicitude que foi denegada baixo ameazas de abandonar a reunión.

Ó longo da reunión cuestionouse a lexitimidade dos conselleiros xa que non foron elexidos polas asociacións
provinciais, senón que sua designación corresponde a un reparto de cargos e acordos ratificado pola FGC.

En medio deste ambiente de crispación, facilitouse ós asistentes un borrador do regulamento da Rede que se está facendo para sua posterior aprobación polo pleno, para que sexa estudiado por tódolos CCA.
Así mesmo acordouse que se solicitará á Xunta un listado oficial dos CCA e áreas comerciais urbanas da provincia de Pontevedra para a convocatoria dunha próxima reunión de traballo e tratar de resolve-lo problema de exclusións partidistas.

Ás 23:30 horas da noite concluiu a reunión, sen terse tratado máis que dous puntos da orde do día e sen acordos claros de traballo.