Polémica na reunión provincial de CCA (Centros Comerciais Abertos)
Onte tivo lugar ás 21:00 a reunión provincial de CCA (Centros Comerciais Abertos) para valorar os traballos feitos ata a data polo consello rector provisional da Rede de CCA de Galicia que a Federación Galega está creando no seu seo.
A dita reunión, negouselle a entrada por parte dos Conselleiros de Pontevedra Monumental (Ernesto Filgueira) e Z. Centro (Ángel Méndez en representación de Jose L. Montenegro) a varias asociaciones da provincia, incluida "ábaco"por considerar éstes que segundo o listado proporcionado pola Federación Galega, non son CCA nin áreas comerciáis urbanas.
Ante esta discriminación, o terceiro conselleiro: Cándido Rial, e os demáis asistentes solicitaron expresamente e de forma reiterada a admisión destas asociacións na reunión, xa que todas elas constan como adheridas á Rede segundo acta da reunión da Rede do 15/11/2005; solicitude que foi denegada baixo ameazas de abandonar a reunión.
Ó longo da reunión cuestionouse a lexitimidade dos conselleiros xa que non foron elexidos polas asociacións
provinciais, senón que sua designación corresponde a un reparto de cargos e acordos ratificado pola FGC.
En medio deste ambiente de crispación, facilitouse ós asistentes un borrador do regulamento da Rede que se está facendo para sua posterior aprobación polo pleno, para que sexa estudiado por tódolos CCA.
Así mesmo acordouse que se solicitará á Xunta un listado oficial dos CCA e áreas comerciais urbanas da provincia de Pontevedra para a convocatoria dunha próxima reunión de traballo e tratar de resolve-lo problema de exclusións partidistas.
Ás 23:30 horas da noite concluiu a reunión, sen terse tratado máis que dous puntos da orde do día e sen acordos claros de traballo.