Presentamos a nosa campaña de Nadal
Dende fai tres semáns na Asociación de Comerciante e Empresarios do Baixo Miño vimos repartindo entre nosos asociados uns calendarios promocionáis nos que se inclúe o logotipo de tódolos socios dentro dunha árbore de navidade. O calendario pódese colgar ou doblar formando un calendario de sobremesa.
Cos calendarios tamén se reparte unha tarxeta na que os nenos poden rematar un debuxo e envialo á asociación. Tódolos debuxos enviados serán publicados na nosa web.
Os días 22, 23 o noso Papá Noel percorrerá as ruas do pobo repartindo agasallos e pola tarde a partir das 18:00 atopárase nas galerías que comunican a Plaza Nova coa rua de detrás da Plaza de Abastos repartindo regalos e recollendo as tarxetas cos debuxos dos rapaces.
O día 24 estará nas galerías a partir das 10:00 da mañán e ata o mediodía.
Seguindo coa política de traballar preferentemente con empresas da zona, toda a campaña foi deseñada, impresa e desenrolada por empresas do pobo.
Pódese pinchar nas imaxes para velas ampliadas: