" /> Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco': Febreiro 2006 Archives
ábaco

« Xaneiro 2006 | Páxina principal | Marzo 2006 »

Luns 27 de Febreiro de 2006

'ábaco' é membro constituinte da nova Federación de Centros Comerciais Abertos e Urbáns de Galicia

Clic para ampliarA nova organización apoia con matices a nova Ley de horarios que impulsa a Xunta.
A nova Federación de Centros Comerciais Abertos e Urbáns de Galicia botou a andar a semana pasada en Pontevedra cunha asamblea na que estaba previsto aprobar os estatutos e cargos directivos.

A organización, que
nace a partir da alternativa á Federación Provincial de Comercio denomidada Foro Galego de Comercio, conta co apoio dunha trintena de asociacións de comerciantes, na sua maioría de Pontevedra. Durante o encontro, celebrado na Casa da Luz, os asistentes consensuaron tamén as alegacións que presentarán o anteproxecto da futura Lei que regulará os horarios dos establecimentos comerciais na Comunidade Autónoma. O voceiro do foro, Xosé Bangueses, adiantou que os integrantes da nova federación están de acordo no 95% do conxunto do
documento e da súa filosofía, inda que entenden que se deben matizar aspectos coma os referidos ós municipios turísticos. A ese respecto, indicou que lles preocupa a prerrogariva da Administración para poder cambialos, ó entender que ese tema non se debería matizar máis, porque o mercado con esta Lei e a epertura dos establecimientos de menos de 150 metros está suficientemente abastecido, tanto no verán coma no inverno como para que nalgún momento se saque unha norma excepcional neses apartados.

Bangueses destacou que o camiño de diálogo abierto entre a Administración autonómica e o novo colectivo e comentou que o mércores reuniranse cos presidentes das comisións de Comercio dos distintos
grupos parlamentarios para saber cómo valoran o anteproxecto da Lei e amosarlles o noso interese en estar permanentemente en contacto con eles para todo o que ten que ver con esta Lei e coa futura Lei de
Comercio... No cabo dun ano vanse mover vía lexislativa algúns destes temas despois de 16 anos sen moverse nada, e queremos ser partícipes deso e que cheguen ó Parlamento consensuados con nós e cos grupos
políticos.

En 'ábaco' o igual que a nova federación de comercio, entendemos que, en relación aos establecementos con liberdade horaria, non deben figurar os establecimentos comerciais situados en municipios
turisticos, xa que isto suporia un atractivo para establecerse areas de grande superficie, polo que xunto coa federación do Foro vamos a alegar a este artigo.
Sinatura do noso presidente

Xoves 23 de Febreiro de 2006

Xa están dispoñibles as invitacións para o Cocido de Antroido de 'ábaco'

O próximo sábado 11 de marzal terá lugar no restaurante Juan do Rosal unha festa/cea para asociados e todo aquel que queira vir. Para participar na festa é necesario presentar o resguardo da invitación previamente a calquera directivo de 'ábaco', mandando un correo electrónico ó noso enderezo electrónico (correo@asociacionabaco.com) ou chamando ó número de teléfono 699 240 467. Nestas últimas duas opcións informaremos de cómo efectuar o pago correspondente.

A cea consistirá en:
- Aperitivos
- Cocido galego
- Brazo xitano
- Orellas de Antroido
- Café e licores
- Viños (Ribeiro e Mencía)

O prezo é de 25 € e a hora darase a coñecer no momento de confirmar a asistencia.

O que non teña invitación pode imprimir e rellenar a que ven adxunta a esta mensaxe .

Mércores 15 de Febreiro de 2006

Campaña de Antroido

Cartel da campañaEsta pasada noite na sede da Sociedade filatélica tivo lugar a presentación dos actos previstos para este Antroido, sendo a principal proposta unha promoción de tódolos estudios de fotografía que consistirá en que estarán abertos luns e martes de Antroido e por cada duas fotos de estudio que se realizen regalarán unha terceira de 15x20.

Tamén estamos organizando unha comparsa con karaoke para animar e dar ambiente no desfile, non especialmente espectacular, pero aportando o noso gran de area ó acto. Tamén temos previsto algún acto sorpresa no porto.

O motivo da campaña dos fotógrafos e o significativo descenso das fotos de Estudio que veñen percibindo estes últimos anos e que, entre outras causas, achacan a que a xente non sabe que eses días teñen as suas tendas abertas.

Dende a asociación temos previsto facer este tipo de promocións a miudo, sexa por sectores ou por zonas; esta vez son os fotógrafos e mañan poderán outras tendas ou os locais do porto.
_2145613.JPG
Representantes de tódolos es tudios fotográficos na presentación.

Martes 7 de Febreiro de 2006

A nova lei de horarios comerciais

A nova lei de horarios comerciais regulará o réxime de apertura do comercio en Galicia

- O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentou hoxe o anteproxecto da nova Lei de Horarios Comerciais.
- O anteproxecto busca conxugar os intereses do comercio retallista cos do consumidor, garantindo o nivel axeitado de oferta aos consumidores.
- A nova regulación introduce novidades significativas, como a implicación dos Concellos nas funcións da inspección e na elección dos domingos e festivos hábiles para o comercio.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2006. O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, presentou hoxe o anteproxecto da nova Lei de Horarios Comerciais que vai tramitar a Consellería para a súa aprobación no Parlamento galego. A proposta vai ser consultada coas asociacións máis representativas de comercio e consumo, así como coas Cámaras do Comercio, antes de darlle a tramitación oportuna. Este anteproxecto responde á necesidade de establecer un novo réxime de horarios comerciais e de aperturas en domingos e festivos, que atenda de maneira adecuada as peculiaridades do sector en Galiza e garanta tamén o nivel necesario de oferta aos consumidores.

Domingos e festivos hábiles
Entre as novidades que introduce o anteproxecto de lei figura a posibilidade de que os Concellos que o soliciten poidan substituír algún dos domingos e festivos hábiles para o comercio por outros que consideren máis axeitados aos intereses comerciais do seu termo municipal. En todo caso, o número total de domingos e festivos hábiles non poderá exceder de oito, desaparecendo o procedemento que permitía aos Concellos engadir a estes outros dous días.

Co fin de buscar o equilibrio necesario entre o abastecemento local e a conciliación da vida familiar e laboral, exclúense cinco días da posibilidade de elección dos oito festivos ou domingos hábiles comercialmente: o 1 de xaneiro, o 1 e o 17 de maio, o 25 de xullo e o 25 de decembro. Coa mesma finalidade de conciliación da vida laboral e familiar, adiántase o peche dos establecementos ás 20,00 horas nas datas do 24 e 31 de decembro.

Inspeccións
En aras dunha maior operatividade, a nova regulación outorgaralles aos Concellos facultades en materia inspectora respecto da vixilancia daquelas infraccións que se puidesen producir en materia de horarios comerciais, toda vez que como administracións máis próximas ao cidadán, poderán exercer un control máis eficaz.

Liberdade horaria
O anteproxecto de lei reduce a 150 metros cadrados a superficie útil de venda e exposición ao público que deben posuír os establecementos comerciais para disfrutaren de plena liberdade horaria (na regulamentación actual a superficie mínima sitúase en 300 metros cadrados).

Así mesmo, a nova lei establecerá un procedemento de declaración de concello turístico, co obxectivo de que os establecementos situados na área de declaración gocen de liberdade horaria. A área proposta pode ser inferior ao territorio municipal ou incluír só unha parte dun núcleo de poboación, e a súa aprobación corresponderalle á Consellería de Innovación e Industria.

Luns 6 de Febreiro de 2006

Reivindicacións de ‘ábaco’ no pleno do concello

Dende a Asociación de Comerciantes e Empresarios do Baixo Miño 'ábaco', queremos antes de nada aclarar que estamos a favor da realización da obra da rúa Concepción Arenal, xa que e necesaria.
Pero creemos tamén que antes de comezar estas obras, polo xeito en que se van a realizar e que vai a afectar o comercio, a un sector da hostalería, a suministros de pesca e mariscos etc. Vemos necesario que antes de facer esta obra era necesario ter unha saída do porto da A Guarda para o tráfico pesado.

Tamén queremos manifestar que dende que comezaron as obras de humanización das rúas ata que rematen as obras da rúa Concepción Arenal perderanse na Guarda 80 prazas de aparcamentos, e nos plans de humanización tamén e obrigatorio a creación de aparcamentos, que ata o día de hoxe aínda non se creou ningún. E isto e unha reindivicación do comercio dende fai anos.

Polo tanto pedimos ter aceso a mirar o proxecto definitivo das obras e pedir un compromiso por parte de este Concello a subsanar os prexuízos causados o xector do comercio, hostelería, cidadáns, etc. e cometer o máis urxente posible as obras de saída do porto para o trafico pesado y aparcamentos, xa que creemos que son moi prioritarios.

O concelleiro do BNG, Xan Lois, informou que, segundo fontes da Diputación, as Obras non teñen permiso nin está aprobada a modificación do Proxecto inicial.

Sábado 4 de Febreiro de 2006

Respaldo do Foro de Comercio á futura lei de Horarios Comerciais de Galicia

As asociacións de comerciantes pertencentes ao FORO GALEGO DO
COMERCIO, queren mostrar o seu total respaldo ás medidas anticipadas
pola Consellería de Innovación e Industria respecto de Horarios
Comerciais para Galicia.

A Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, fixo público
recentemente a súa proposta en materia de horarios comerciais para
Galicia, a través da elaboración dun proxecto de Lei de Horarios
Comerciais de Galicia, que pretende levar en próximas datas ao
Consello da Xunta y posteriormente elevar ao Parlamento de Galicia.
Consideramos que a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de
Galicia, foi moi receptiva respecto das demandas e propostas suscitadas
polo pequeno comercio ou comercio de proximidade, facendo súas
formulacións tales como as 72 horas de apertura semanal, a concreción
de 8 festivos anuais nos que se permite a apertura comercial (no que
incluíu os 2 festivos locais) ou a tan reclamada fijación de festivos
anuais nos cales non se permite a apertura comercial, nun exercicio de
coherencia con a tradición cultural do país.
Sen ningunha dúbida o fito máis importante de todas as medidas
anunciadas pola Consellería de Industria e Innovación e que as
asociacións membros do FORO GALEGO DO COMERCIO viñeron
suxerindo para combater excesos en materia de horarios comerciais por
parte dos chamados ?bazares orientais?, é a redución de superficie de
300 a 150 m2, para aqueles establecementos que gozarán de liberdade
absoluta de apertura comercial, unha vez promulgada e publicada a
norma.
Esperamos que pronto podamos ver transformado en dereito positivo
todo este elenco depropostas.
Queda pendente de concretar cales serán as liñas mestras da nova Lei
de Ordenación do Comercio Minorista de Galicia, cuxa regulación
apremia e sobremanera, pois a desorde que vén imperando en temas
tales como as rebaixas, reclaman un texto totalmente novo acorde con
a nova realidade galega. No entanto, certas manifestacións públicas
efectuadas desde a Consellería, permítennos albergar fundadas
esperanzas de que estarán en sintonía con os postulados que o FORO
GALEGO DO COMERCIO vén defendendo desde a súa creación fai máis
dun ano, nacidos do debate levado a cabo nos seus sete encontros.
Recollemos con gusto o reto amistosamente lanzado desde a Consellería
ao manifestar que elevarán a consulta ás organizacións de comercio, o
borrador do texto da futura Lei e asumimos o compromiso de atender
con responsabilidade esta petición

Venres 3 de Febreiro de 2006

Acta da I Xunta Xeral

En A Guarda, siendo las 21,30 horas del 1 de diciembre de 2005, reunidos en el local de San Xerome Emiliani., se declara constituida la Asamblea General y abierta la sesión, procediéndose a dar lectura a los puntos de la orden del día, que son los siguientes:

1- Lectura y aprobación, si procede, del acta anterior.
2- Informe del Presidente.
3- Estado de cuentas.
4- Ratificación en el cargo de vocal de Dª Delia Brandón Domínguez
5- Ruegos y preguntas.

Desarrollo de la sesión y acuerdos adoptados:
El Presidente, desea dejar asentado por escrito el agradecimiento de todos los miembros de la Asociación, a las autoridades del centro San Xerome Emiliani por prestar sus instalaciones para celebrar esta asamblea.
Se dispensa ante los socios al Sr. Fernando Coello, miembro vocal de esta Junta Directiva, por no poder estar presente en esta asamblea por motivos personales.

1- La secretaria dio lectura al acta de la asamblea anterior, que sometida al voto de los socios presentes es aprobada por unanimidad.
2-El Presidente informa de todas las actividades realizadas por esta Asociación desde su inicio, las cuales se detallan a continuación:
21 de julio Reunión Presentación de ábaco.
Julio Reunión de la Junta Directiva con el alcalde en el Concello para tratar entre otros temas, aparcamientos, línea azul, circunvalación, apertura al tráfico de Vicente Sobrino.
Reunión con el Concejal de Tráfico para pedir el proyecto de obra de la calle C. Arenal.
Presentación en el Concello de la petición de revisión del proyecto de obra de la calle C. Arenal, solicitud
de la línea azul, y apertura al tráfico de la calle Vicente Sobrino.
Agosto Reunión con el Concejal del BNG, Xan Lois Lomba, para tratar el tema de las obras en la calle C. Arenal.
Reunión de la Junta Directiva con los Concejales del PSOE, Freitas y Monse, para tratar el tema de las obras de la mencionada calle.
Reunión con la Cofradía de Pescadores, para informarles y pedir su apoyo con referencia a las mencionadas obras.
Solicitud en el Concello de la revisión coherente del proyecto de la calle C. Arenal.
Petición por escrito a ACIGU para mantener una reunión y aunar esfuerzos con respecto a los problemas de esta calle.
Presentación en el Concello de 441 firmas para habilitar una salida de A Guarda por el sur.
Septiembre Charla en la Cofradía de Pescadores para socios y no socios, informando el proyecto de C. Arenal.
Segunda petición por escrito a ACIGU para mantener una reunión y aunar esfuerzos.
Envío a la Diputación de un Dossier y petición de la revisión del proyecto de obra de C. Arenal.
Octubre Reunión del Presidente y Vicepresidente en el Concello con el teniente Alcalde, D.Ignacio Saa para tratar
entre otros asuntos, el problema de los malos olores en la Zona del puerto.
Reunión en el Concello en 3 oportunidades, con la Concejala Lidia González, para tratar las acciones posibles a realizar en la Campaña de Navidad.
Envío a la Diputación de los 154 cuños recogidos en los comercios para adjuntar al Dossier enviado con anterioridad.
Solicitud en el Concello para la toma de medidas con respecto al serio problema de los malos olores en la zona del puerto.
Reunión de miembros de la Junta Directiva con ACITUI en Tui.
Reunión del Presidente y Vicepresidente con el Foro de Comercio de la Provincia en Pontevedra.
Reunión de miembros de la Junta Directiva con Asociaciones de Empresarios de la comarca en Porriño.
Noviembre Reunión de miembros de la Junta Directiva con el Foro de Comercio Galego en Vigo.
Reunión del Vicepresidente en el Concello para tratar el tema de las tasas de la recogida de la basura.
Reunión de miembros de la Junta Directiva con el Delegado de Trabajo en Vigo.
Reunión para socios y no socios para tratar el tema de las tasas de la recogida de la basura.
Miembros de la Junta Directiva se desplazan a Vigo, invitados por CCA, a una reunión a la que hemos pedido adhesión, y se les fue negada la entrada junto a otras asociaciones.
El Presidente comunica a los socios la reciente incorporación de un nuevo socio, el Sr. Feliciano, quien llevará dentro de la Asociación el tema empresarial, relacionado con el polígono industrial en proyecto de creación.
El Presidente explica el contenido y desarrollo de la primer campaña de esta Asociación “Navidad 2005”, que consiste en :
Ambientación y decoración de las galerías de la Plaza nueva.
Instalación del trono de Papá Noel, quien atenderá a todos los niños, además de un gran Muñeco de Nieve que ente la introducción del dibujo del niño, entregará una sorpresa con golosinas.
Entrega de felicitaciones de Navidad con calendario y publicidad de todos los socios, para que cada comercio entregue a sus clientes.
Entrega a la brevedad, de tarjetas para repartir a todos los niños en cada uno de los comercios asociados, donde deberán dibujar para llevar al Muñeco de Nieve y recibir su sorpresa, con posterioridad podrán ser vistas en la página Web.
El Vicepresidente comenta que además habrá un camión decorado para la ocasión, con Papá Noel y sus duendes, que recorrerá las calles de A Guarda y O Rosal, haciendo publicidad de la campaña y repartiendo caramelos.
El Presidente plantea la situación actual entre el Foro de Comercio y la Federación, situación algo conflictiva con el comercio y poco clara a entender de la Junta Directiva. Se hace notar que el dinero para campañas y demás beneficios de que dispone y que destina a su criterio la Federación de Comercio, son fondos públicos, motivo por el cual deberían ser destinados a todos el comercio en general, situación que no acontece en la realidad. Se aclara además que el ser o no Centro comercial Abierto, es la
Federación de Comercio quien lo concede.
El Vicepresidente comenta que está en estudio por esta Directiva, la posibilidad de para el próximo año, hacer jornadas de Denominación de Origen, y solicitar Campañas a la Federación en beneficio general de nuestros socios.
También aclara que está en estudio la compra conjunta para socios de papel, bolsas y otros enseres, a fin de poder obtener mejores precios.
3-La tesorera explica el estado de cuentas de la asociación y el saldo actual, sometiéndolo a aprobación de los socios, la cual se hace por unanimidad.
4-El Presidente pone a consideración y ratificación en el cargo de vocal a Dª Delia Brandón Domínguez, el cual es aprobado por unanimidad.
5-Ruegos y Preguntas:
La Sra. Baz Vicente toma la palabra y pregunta sobre la recogida de basura selectiva, ante lo cual el Presidente responde que ya se dio la queja al Concello, sin haber obtenido respuesta.
La Sra. Da Cunha propone que haya uno o varios regalos especiales en la campaña de Navidad. El Presidente le responde que esta campaña hubo que realizarla un poco precariamente, ya que la Asociación no dispone por el momento de subvenciones de ningún tipo para tal fin, y que se acordó internamente no hacer sorteos para dar a todos los niños del pueblo, pero que si es voluntad mayoritaria de los socios, se realizarán sorteos en próximas campañas que se programen.
El Sr Manolo, toma la palabra y pregunta si la calle C. Arenal se va a hacer o no, a lo cual el Presidente responde que
no disponemos de información alguna sobre si se ha aprobado el nuevo proyecto o no, que consideramos que el
Concello debería avisar en caso de que esto ocurriera, pero que la Junta Directiva estará atenta al tema.
Finalmente el Presidente reitera a todos los socios presentes, que la Junta Directiva está abierta a recibir inquietudes,
necesidades o requerimientos que necesiten asesoramiento o gestión , por parte de todos los socios.

Siendo las 22.30 horas, se da por finalizada la Asamblea y el Sr. Presidente levanta la sesión.




La Secretaria




VºBº El Presidente

Recollida de firmas polas obras de Concepción Arenal

Entrega das firmas no concelloA Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios “ábaco” recolleu onte pola tarde firmas entre os comerciantes de A Guarda para esixir ao concello que informe puntualmente das obras que se van a realizar na rúa Concepción Arenal. Que presentamos agora e vamos a pasar por rexistro.

Con esta recollida de firmas comprobouse o malestar xeral da poboación de A Guarda ao non estar informada do comezo das obras, previsto para este luns, nin das decisións adoptadas polo concello. Non se coñecen aínda as vías alternativas de subida e baixada ao porto nin a duración destas.
Esta iniciativa foi tomada despois de que esta asociación solicitase o aprazamento de ditas obras ata coñecer o proxecto definitivo que se vai levar a cabo. Anteriormente, xa reclamamos información do plan de execución das mesmas, pero non obtivemos resposta.
Falando con Ignacio SaaO día 30 de xaneiro, por medio dun comunicado do alcalde de A Guarda, sábemos que a obra está pendente de modificación por parte da Deputación de Pontevedra e non se informou aínda da súa resolución. O día siguiente fontes alleas ao concello sóubose a través dos medios de comunicación que o inicio da reforma da rúa comezará o vindeiro luns 6.
Seguimos insistindo que as obras nesta rúa son necesarias pero antes de acometelas debese ter unha saída polo sur, e de todos sabido que na esquina Enrique Mª Sesto con Concepción Arenal hai camións que non xiran e mais de un autobús ten quedade atascado.
Tamén vamos a pedir, por rexistro, según o regulamento orgánico do pleno artigo 13.2 relativo a participación ciudadana, solicitando poder intervir no pleno do vindeiro día 6 en relación con estas obras.
Pedimos desculpas a os nosos asociados por non pasar onte por os seus establecemento a recoller o seu apoio pero non nos deu mais o tempo.