Campaña de Antroido
Esta pasada noite na sede da Sociedade filatélica tivo lugar a presentación dos actos previstos para este Antroido, sendo a principal proposta unha promoción de tódolos estudios de fotografía que consistirá en que estarán abertos luns e martes de Antroido e por cada duas fotos de estudio que se realizen regalarán unha terceira de 15x20.
Tamén estamos organizando unha comparsa con karaoke para animar e dar ambiente no desfile, non especialmente espectacular, pero aportando o noso gran de area ó acto. Tamén temos previsto algún acto sorpresa no porto.
O motivo da campaña dos fotógrafos e o significativo descenso das fotos de Estudio que veñen percibindo estes últimos anos e que, entre outras causas, achacan a que a xente non sabe que eses días teñen as suas tendas abertas.
Dende a asociación temos previsto facer este tipo de promocións a miudo, sexa por sectores ou por zonas; esta vez son os fotógrafos e mañan poderán outras tendas ou os locais do porto.
Representantes de tódolos es tudios fotográficos na presentación.