ábaco

« Nova anterior | Páxina inicial | Nova seguinte »

Recollida de firmas polas obras de Concepción Arenal

Entrega das firmas no concelloA Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios “ábaco” recolleu onte pola tarde firmas entre os comerciantes de A Guarda para esixir ao concello que informe puntualmente das obras que se van a realizar na rúa Concepción Arenal. Que presentamos agora e vamos a pasar por rexistro.

Con esta recollida de firmas comprobouse o malestar xeral da poboación de A Guarda ao non estar informada do comezo das obras, previsto para este luns, nin das decisións adoptadas polo concello. Non se coñecen aínda as vías alternativas de subida e baixada ao porto nin a duración destas.
Esta iniciativa foi tomada despois de que esta asociación solicitase o aprazamento de ditas obras ata coñecer o proxecto definitivo que se vai levar a cabo. Anteriormente, xa reclamamos información do plan de execución das mesmas, pero non obtivemos resposta.
Falando con Ignacio SaaO día 30 de xaneiro, por medio dun comunicado do alcalde de A Guarda, sábemos que a obra está pendente de modificación por parte da Deputación de Pontevedra e non se informou aínda da súa resolución. O día siguiente fontes alleas ao concello sóubose a través dos medios de comunicación que o inicio da reforma da rúa comezará o vindeiro luns 6.
Seguimos insistindo que as obras nesta rúa son necesarias pero antes de acometelas debese ter unha saída polo sur, e de todos sabido que na esquina Enrique Mª Sesto con Concepción Arenal hai camións que non xiran e mais de un autobús ten quedade atascado.
Tamén vamos a pedir, por rexistro, según o regulamento orgánico do pleno artigo 13.2 relativo a participación ciudadana, solicitando poder intervir no pleno do vindeiro día 6 en relación con estas obras.
Pedimos desculpas a os nosos asociados por non pasar onte por os seus establecemento a recoller o seu apoio pero non nos deu mais o tempo.