ábaco

« Nova anterior | Páxina inicial | Nova seguinte »

Reivindicacións de ‘ábaco’ no pleno do concello

Dende a Asociación de Comerciantes e Empresarios do Baixo Miño 'ábaco', queremos antes de nada aclarar que estamos a favor da realización da obra da rúa Concepción Arenal, xa que e necesaria.
Pero creemos tamén que antes de comezar estas obras, polo xeito en que se van a realizar e que vai a afectar o comercio, a un sector da hostalería, a suministros de pesca e mariscos etc. Vemos necesario que antes de facer esta obra era necesario ter unha saída do porto da A Guarda para o tráfico pesado.

Tamén queremos manifestar que dende que comezaron as obras de humanización das rúas ata que rematen as obras da rúa Concepción Arenal perderanse na Guarda 80 prazas de aparcamentos, e nos plans de humanización tamén e obrigatorio a creación de aparcamentos, que ata o día de hoxe aínda non se creou ningún. E isto e unha reindivicación do comercio dende fai anos.

Polo tanto pedimos ter aceso a mirar o proxecto definitivo das obras e pedir un compromiso por parte de este Concello a subsanar os prexuízos causados o xector do comercio, hostelería, cidadáns, etc. e cometer o máis urxente posible as obras de saída do porto para o trafico pesado y aparcamentos, xa que creemos que son moi prioritarios.

O concelleiro do BNG, Xan Lois, informou que, segundo fontes da Diputación, as Obras non teñen permiso nin está aprobada a modificación do Proxecto inicial.