Respaldo do Foro de Comercio á futura lei de Horarios Comerciais de Galicia
As asociacións de comerciantes pertencentes ao FORO GALEGO DO
COMERCIO, queren mostrar o seu total respaldo ás medidas anticipadas
pola Consellería de Innovación e Industria respecto de Horarios
Comerciais para Galicia.
A Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, fixo público
recentemente a súa proposta en materia de horarios comerciais para
Galicia, a través da elaboración dun proxecto de Lei de Horarios
Comerciais de Galicia, que pretende levar en próximas datas ao
Consello da Xunta y posteriormente elevar ao Parlamento de Galicia.
Consideramos que a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de
Galicia, foi moi receptiva respecto das demandas e propostas suscitadas
polo pequeno comercio ou comercio de proximidade, facendo súas
formulacións tales como as 72 horas de apertura semanal, a concreción
de 8 festivos anuais nos que se permite a apertura comercial (no que
incluíu os 2 festivos locais) ou a tan reclamada fijación de festivos
anuais nos cales non se permite a apertura comercial, nun exercicio de
coherencia con a tradición cultural do país.
Sen ningunha dúbida o fito máis importante de todas as medidas
anunciadas pola Consellería de Industria e Innovación e que as
asociacións membros do FORO GALEGO DO COMERCIO viñeron
suxerindo para combater excesos en materia de horarios comerciais por
parte dos chamados ?bazares orientais?, é a redución de superficie de
300 a 150 m2, para aqueles establecementos que gozarán de liberdade
absoluta de apertura comercial, unha vez promulgada e publicada a
norma.
Esperamos que pronto podamos ver transformado en dereito positivo
todo este elenco depropostas.
Queda pendente de concretar cales serán as liñas mestras da nova Lei
de Ordenación do Comercio Minorista de Galicia, cuxa regulación
apremia e sobremanera, pois a desorde que vén imperando en temas
tales como as rebaixas, reclaman un texto totalmente novo acorde con
a nova realidade galega. No entanto, certas manifestacións públicas
efectuadas desde a Consellería, permítennos albergar fundadas
esperanzas de que estarán en sintonía con os postulados que o FORO
GALEGO DO COMERCIO vén defendendo desde a súa creación fai máis
dun ano, nacidos do debate levado a cabo nos seus sete encontros.
Recollemos con gusto o reto amistosamente lanzado desde a Consellería
ao manifestar que elevarán a consulta ás organizacións de comercio, o
borrador do texto da futura Lei e asumimos o compromiso de atender
con responsabilidade esta petición