Xa están dispoñibles as invitacións para o Cocido de Antroido de 'ábaco'
O próximo sábado 11 de marzal terá lugar no restaurante Juan do Rosal unha festa/cea para asociados e todo aquel que queira vir. Para participar na festa é necesario presentar o resguardo da invitación previamente a calquera directivo de 'ábaco', mandando un correo electrónico ó noso enderezo electrónico (correo@asociacionabaco.com) ou chamando ó número de teléfono 699 240 467. Nestas últimas duas opcións informaremos de cómo efectuar o pago correspondente.
A cea consistirá en:
- Aperitivos
- Cocido galego
- Brazo xitano
- Orellas de Antroido
- Café e licores
- Viños (Ribeiro e Mencía)
O prezo é de 25 € e a hora darase a coñecer no momento de confirmar a asistencia.
O que non teña invitación pode imprimir e rellenar a que ven adxunta a esta mensaxe .