ábaco

« Nova anterior | Páxina inicial | Nova seguinte »

'ábaco' demanda inversións para mellora-lo mercado da Guarda

A Asociación do Baixo de Comerciantes e Empresarios, 'ábaco' demanda ó concello da Guarda que realice as xestións oportunas para mellorar a actual Praza de Abastos ou construir un novo Mercado Municipal.

O presidente da Asociación, José Ángel Gándara Rodríguez, transmitiu ó alcalde as quixas de comerciantes instalados no mercado municipal pola situación de precariedade na que están desenrolando sua actividade, xa que non contan cunhas mínimas condicións que lles permitan acatar as condicións sanitarias que se lles está esixindo.

Polo tanto, a Asociación propón ó Alcalde qeu solicite unha subvención á Xunta, acolléndose á Orde do 9 de marzal, xa que sería a grande oportunidade de mellorar a infraestructura existente ou a construcción dun novo mercado sin que supoña que se deba asumir o custo dende as arcas municipáis xa que se contemplan subvencións de ate o 70% do proxecto.

Pincha nas imaxes para ver a carta orixinal presentada ó Alcalde: