'ábaco' organiza a Festa do Roscón de Xema este ano
Despois de varios anos de ausencia, e ante a aparente falta de interés por parte de certos organismos, 'ábaco' afronta a responsabilidade de organizar a XI edición da Festa do Roscón de Xema da Guarda. Esta idea nace dentro da liña de fomento do turismo e do comercio guardés que vimos seguindo dende a nosa creación.
A festa terá lugar no porto o vindeiro 15 de xullo a partir das 5 da tarde.
O prezo da ración será de 2 € e irá acompañada dunha copa de moscatel ou dun refresco.
As pastelerÃas participantes son Estévez, Rogelio e Alameda, sendo duas delas non socias de 'ábaco' sin que isto resulte un impedimento. No seu dÃa mandouselle unha carta a tódalas pastelarÃas do pobo invitándoas a participar na festa.