" /> Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco': Agosto 2006 Archives
ábaco

« Xullo 2006 | Páxina principal | Novembro 2006 »

Xoves 31 de Agosto de 2006

A Consellería de Innovación e Industria concede unha axuda ó concello de A Guarda para a reforma da Praza de Abastos

Ó concello de A Guarda foille concedida unha axuda de 34.333 € por parte da Consellería de Innovación e Industria para acometer obras na Praza de Abastos do concello.

O pasado 18 de abril varios membros da Xunta directiva de 'ábaco' e algúns asociados da Praza de Abastos tiveron unha reunión co alcalde e o tenente de alcalde na que trataron a posibilidade de arranxo da Praza de abastos e sobre a posibilidade de ampliación do seu horario de apertura. Con esta axuda esperan subsanar as deficiencias que nestes momentos ten a Praza e que ese diñeiro sexa utilizado integramente para o seu arranxo.

Mércores 30 de Agosto de 2006

Calendario laboral 2007

As festas laboráis no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 serán as seguintes:

- 1 de xaneiro.- Aninovo
- 6 de xaneiro.- Día de Reis
- 5 de abril.- Xoves Santo
- 6 de abril.- Venres Santo
- 1 de maio.- Festa do traballo
- 17 de maio.- Día das Letras galegas
- 25 de xullo.- Santiago Apóstolo. Día Nacional de Galicia
- 15 de agosto Asunción da virxe
- 12 de outubro.- Festa da Hispanidade
- 1 de novenbro.- Todos os Santos
- 6 de decembro.- Día da Constitución Española
- 8 de decembro.- Inmaculada Concepción
- 25 de decembro.- Nadal

Venres 25 de Agosto de 2006

Curso de Camareiro/a - Sumiller

Dende a Asociación de Profesionais Traballadores Autónomos, UPTA – Pontevedra e Informática San Benito, achégannos información sobre o Plan Experimental de Emprego “Tentámolo!” que levarán a cabo na Provincia en colaboración coa Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo.

Curso de Camareiro/a - Sumiller. 120 horas con BOLSA DE EMPREGO

Dirixido a:
Persoas desempregadas anotadas no INEM

Duración:
Dende o 11 de setembro ata o 13 de outubro, de 09.00 a 14.00

Módulos formativos:- Seguridade e hixiene no traballo.
- Técnicas de busca de emprego.
- Autoemprego.
- Igualdade de Oportunidades.
- Manipulación de alimentos.
- Técnicas de comunicación e atención aos clientes.
- Técnicas de cata de viños, coctelaría, confección de carta de bebidas, servicio de apertitivos, augardentes e licores.
- Informática para a hostalería.
- Inglés na hostalería.
- Prácticas nos restaurantes da zona.

Obxectivo do curso:
Ao remate do curso o alumnado terá os coñecementos necesarios para atender e servir cumprindo coas normas establecidas, utilizar as técnicas e instrumentos necesarios e ademais será capaz de planificar, organizar e coordinar as actividades relacionadas cos stocks de viños e outras bebidas, asesorar á clientela na elección e promover a súa venda e servizo dos mesmos.

Para máis información contactar con 'ábaco'.

Domingo 6 de Agosto de 2006

Festa da Rosca de Xema

O pasado 15 de xullo tivo lugar no porto da Guarda a XI edición da Festa da Rosca de Xema. Ó acto acudiu como pregoneira Julia Vaquero, deportista guardesa cun amplio palmarés nacional e internacional e olímpica en Atlanta. Entre os asistentes tamén estiveron o presidente de Foro galego de comercio Xosé Bangueses, co Tenente de Alcalde da Guarda Ignacio Sáa, representantes doutras asociacións de Comerciantes da provincia e represanteantes dos partidos polícicsos locáis.

O rematar a xornada tiñanse vendido 2.000 racións de rosca co que se considera que a Festa cumpliu as expectativas previstas para esta reedición.

rosca01.jpg
Numeroso público durante a festa


Presentación do acto


O presidente de 'ábaco', o Presidente da Asociación de Comerciantes do Rosal e o do Foro galego de Comercio



Julia Vaquero cos reposteiros

Para ver a galería de fotos completa fai Clic eiquí.

Venres 4 de Agosto de 2006

Acordo coa empresa de transportes TIPS@

Nosa asociación acaba de chegar a un acordo coa compañía Irevir Logística S.L., tamén coñecida como TIPS@ que dispón de entrega e recollia diaría na Guarda e O Rosal. O plan de descontos será de entre 45 e un 50%.

Para solicitar a aplicación do desconto pódese chamar ó teléfono 986 266 016 informando que se é socio de 'ábaco' o comercial asignado a esta zona é Antonio Avendaño.

A continuación adxuntamos o listado de servizos e tarifas da empresa sen os descontos aplicados, xa que estes aplicaranse segundo o tipo de envío.

Mércores 2 de Agosto de 2006

Acordo entre o Foro Galego de Comercio e a SGAE

O Foro Galego de Comercio do que 'ábaco' é membro fundador acaba de pechar unha negociación coa SOCIEDAD
GENERAL DE AUTORES DE ESPAÑA, pola cal o sector dahosteleria, socios dalgunha das asociacións do Foro beneficiaranse dun importante desconto no Canón "obrigatorio" que pagan a SGAE.
Bares, Cafeterías, Restaurantes, Salones de banquetes, Bares de copas etc. beneficiaranse dun desconto do 20 % na súa tarifa actual do CANON que pagan a SGAE.

Así mesmo, a partires do 1º de Xaneiro dos 2007 vaise a producir un cambio importante no Canón que se paga, polo que é convinte que a partir de setembro e con carácter de urxencia, documentemos e coñezamos
os contratos dos nosos asociados para conseguir que se apliquen as tarifas de acordo co desconto do 20 %

Esta negociación e firma de convenio favorece en gran medida as asociacións do Foro, pero é, sobre todo, un importante aforro de costos para o conxunto de hosteleiros das asociacións Foro.

Este convenio ten previsto firmarse na sede do Foro en Cangas o día 6 de setembro do 2006.
Consideramos de vital importancia se dea xa a coñecer este feito, pois é unha maneira de aforro de costos para os nosos asociados e a moi probable captación de novos socios de hostelería nas asociacións locais.
O convenio é exclusivo para o Foro, así será necesario emitir un certificado o asociado que queira beneficiarse para poder favorecerse das tarifas reducidas.

As condicións definitivas, as tarifas, o mecanismo de funcionamento daranse a coñecer en breve.