A Consellería de Innovación e Industria concede unha axuda ó concello de A Guarda para a reforma da Praza de Abastos
Ó concello de A Guarda foille concedida unha axuda de 34.333 € por parte da Consellería de Innovación e Industria para acometer obras na Praza de Abastos do concello.
O pasado 18 de abril varios membros da Xunta directiva de 'ábaco' e algúns asociados da Praza de Abastos tiveron unha reunión co alcalde e o tenente de alcalde na que trataron a posibilidade de arranxo da Praza de abastos e sobre a posibilidade de ampliación do seu horario de apertura. Con esta axuda esperan subsanar as deficiencias que nestes momentos ten a Praza e que ese diñeiro sexa utilizado integramente para o seu arranxo.