Onte tivo lugar a presentación da nosa Campaña de Nadal nas galerías da Praza Nova. O obxectivo da campaña é crear ambiente nas ruas para animar á xente e darlle motivos para sair.
Os encargados da presentación foron José Gándara (Presidente) e- Ángel Baz (Vicepresidente) coa colaboura de Fernando Coello, (Vocal e encargado das relacións cos medios).
Os efectos da campaña do ano pasado foron tan positivos, que duplicamos o número de socios nun ano polo que aumentamnos nun 20% o presuposto do ano pasado.
Detalles da Campaña Nadal ‘ábaco’ 2007:
O centro de todo son as galerías da Praza Nova un lugar céntrico onde estará Papa Noel e un boneco de neve xigante onde os nenos entregarán suas tarxetas de Nadal pintadas, recibirán todos un agasallo sorpresa e participaran no sorteo dunha consola, unha cámara de fotos dixital e un MP4.
A primeiros de decembro publicamos as bases para o concurso de Beléns. O prazo de entrega remata o día 19 haberá tamén premios para o 1º, 2º y 3º clasificado. os traballos participantes estaran expostos nas galerías.
Os días 22 e 23 de decembro a partir das 5 da tarde teremos a Papé Noel nas galerías e os nenos poderán entregar suas postais de Nadal pintadas e haberá agasallos para todos.
Eses días Papá Noel percorrerá as ruas da Guarda nunha carroza.
O día 22 estregaránse os premios ós gañadores do Concurso de Beléns.
En datas próximas tamén estará en todos os establecimentos de ‘ábaco’ o noso Calendario 2007 felicitando as festas ós nosos clientes e amigos nesta ocasión imos triplicar a tirada, pola boa acollida que tivo o anterior e por ter duplicado o número de socios.
O 5 de xaneiro xunto co Concello da Guarda organizaremos a Cabalgata de Reis que será distinta ó que se viña facendo estes últimos anos, haberá centos de regalos que se irán repartindo ó publico polas ruas poals que pase a Cabalgata.
Imaxes da presentación:
