ábaco

« Nova anterior | Páxina inicial | Nova seguinte »

Aprobación da nova Lei de horarios comerciáis de Galicia

O pasado Martes 12 de Decembro, celebrouse un pleno no Parlamento no que se aprobou a nova Lei de Horarios
Comerciais de Galicia, da cal o Foro Galego do Comercio forma parte activa, tanto en debates como no borrador desta, así coma na presentación de enmendas e alegacións á mesma.

Tras moitas e intensas negociacións entre os grupos políticos e os representantes do Foro Galego, conseguíuse un
acordo parlamentario apoiado por unha ampla maioría do sector.
Como ben explicou o Conselleiro de Industria en datas pasadas, o obxetivo desta nova Lei é lograr conxugar os intereses do comercio retallista cos dos consumidores, garantindo un nivel axeitado da oferta. Así como preservar o modelo comercial galego procurando o equilibrio entre as grandes empresas e o conxunto de medianas e pequenas empresas comerciais do país.
Fernando Blanco tamén destacou que esta norma buscará acadar a conciliación da vida familiar e laboral ao tempo que asegurará a imprescindible oferta por parte dos comercios aos consumidores.
Finalmente comunicar que o Foro Galego do Comercio participará neste pleno do Parlamento ás 10:00 h. de mañán para apoiar unha lei que recolle as necesidades en horarios comerciales do pequeno comercio.

Engadir un comentario