" /> Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco': Xaneiro 2007 Archives
ábaco

« Decembro 2006 | Páxina principal | Febreiro 2007 »

Mércores 31 de Xaneiro de 2007

Reflexións sobre a Cabalgata de Reis e o compromiso do Alcalde co pobo de A Guarda

A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios “ábaco”,
organizadora xunto co Concello da Cabalgata de Reis 2007, quere
precisar unha serie de feitos para logo reflexionar sobre eles:

- “ábaco” ponse en contacto coa Concellalía de Cultura en setembro de
2006, co fin de ofrecer a sua colaboración e organizar a Cabalgata de
Reis e outras actividades do Nadal, do mesmo xeito que fixo o ano
anterior; pide ademáis que o Concello contacte con outras asociacións
cás que organizar estas actividades en conxunto; segundo o Concello,
só as Mulleres Rurais están dispostas a colaborar.

- A Campaña de Nadal foi na sua totalidade organizada e financiada por
“ábaco”, colaborando ademáis co noso Pai Noel, carroza e algúns
agasallos na visita á Residencia Monte Santa Tecla en representación
do Concello.

- A finalidade da Cabalgata de Reis é por un lado a de darlle a
poboación infantil de A Guarda unha celebración do xeito que se merece
sen que teñan que ir ver as doutros sitios; e por outro lado a de
tentar que o comercio e a hostelería do municipio perciban as vantaxes
da gran afluencia de xente polas rúas nesas datas. -Dita Cabalgata foi
organizada por “ábaco” e polo Concello de A Guarda como figuraba nos
carteis publicitarios, téndose “ábaco” comprometido a correr cos
gastos de cartelería, megafonía e organización, mentres que o Concello
comprometeuse a garantir a presenza dos Reis e financiar algúns gastos
da carroza.

Despois de constatar algúns feitos, a Xunta Directiva de “ábaco” faese
os seguintes cuestionamentos:

- ¿Cómo pode ser que o Alcalde non avalara coa sua presenza a
Cabalgata oficial onde participa o Concello?

- ¿Por qué a Cabalgata de A Guarda non tivo ninguna presenza nos
medios gráficos cando todos os concellos que organizaron algunha sí a
tiveron?

- ¿Notifica o Concello as suas actividades os medios para
promocionalas e verifica logo que sexan publicadas?

Tras estas reflexións parte da directiva de “ábaco” decidiu reunirse
co Alcalde para polo en coñecemento das mesmas o día 8 de xaneiro, e a
reposta do Alcalde foi “ Eu sun o Alcalde e como tal non teño que dar
explicacións a ninguén”.

Ante esta resposta, “ábaco” da por rematada a reunión e faise unha
última reflexión:

¿Non debe o Alcalde dar explicacións ó pobo ó que representa?

Dende “ábaco” cremos :

- Que o Sr Alcalde debe explicarnos a sua falta de compromiso con e
para o pobo de A Guarda neste evento.

- Que debe dar explicacións ós co-organizadores da Cabalgata que
puxeron da sua parte todo canto poideron para que ouvera unha
Cabalgata digna deste pobo, deixando seus negocios e familias de lado
nunhas datas tan sinaladas.

- Que debe dar explicacións ó comercio e comerciantes ós que “ábaco”
representa , ainda que todo o comercio de A Guarda en xeral, pola sua
ausencia nos actos importantes do pobo.

- Cremos finalmente que a Campaña de Nadal e a Cabalgata de Reis que
organizamos foron un ÉXITO a pesar do pouco tempo e medios cos que
contamos, éxito que é o único do que o Sr Alcalde non debe dar
explicacións xa que non participou nel.

Mércores 17 de Xaneiro de 2007

Fotos do Nadal de 'ábaco'

Publicamos unha selección das mellores imaxes tomadas este Nadal nas actividades de 'ábaco'. Agradecemos a todos os particulares que nos mandaron as suas fotos e unha vez máis a todos os que colaboraron no desenrolo da campaña.

















































Mércores 10 de Xaneiro de 2007

Entrega de premios ós gañadores do II Concurso de Debuxo de Nadal de 'ábaco'

Alicia Gómez Marín, 10 anos, gañadora dunha Play Station 2 Onte tivo lugar a entrega dos premios ós gañadores do II Concurso de Debuxo de Nadal de 'ábaco' nas instalacións da Asociación Filatélica Guardesa.

Os premiados foron:

* Alicia Gómez Marín, 10 anos: Unha Play Station 2
* Roi Portela García, 5 anos: Unha cámara de fotos dixital
* Míriam Alonso Martínez, 13 anos: Un MP4
* Lucía Rodríguez Lomba, 3 anos: Uns puzzles

Alicia Gómez Marín, 10 anos, gañadora dunha Play Station 2 O Pai de Roi Portela recolle o premio, o fillo xa estaba na cama Lucía Rodríguez recolle seu premio Míriam Alonso recolle seu premio

Martes 9 de Xaneiro de 2007

Gañadores do Concurso de Debuxo de Nadal de 'ábaco'

Alicia Gomez Marin, 10 anosOnte, nas galerías da Praza nova, tivo lugar a elección dos debuxos gañadores da II Edición do Concurso de Debuxo de Nadal de 'ábaco'.
O xurado estivo formado por Antón Ferreira Lorenzo, Ricardo Rodriguez Vicente y Rodrigo Fernandez Estevez. Debido a diversidade de idades dos participantes e, pese a que nas bases estaban previstos tes premios, o xurado propuxo a creación dun premio máis para as idades mais pequenas, e a directiva de 'ábaco' estivo de acordo, polo que os gañadores e os seus premios son:

  • Alicia Gómez Marín, 10 anos: Unha Play Station 2
  • Roi Portela García, 5 anos: Unha cámara de fotos dixital
  • Míriam Alonso Martínez, 13 anos: Un MP4
  • Lucía Rodríguez Lomba, 3 anos: Uns puzzles

Este ano a participación foi moi elevada, rondando os 800 participantes e todos recibiron agasallos sorpresa.

Agradecemos ós membros do xurado a sua colaboura e o especial interese amosado na elección dos gañadores.

Alicia Gomez Marin, 10 anos Roi Portela Garcia, 5 anos Miriam Alonso Martinez, 13 anos Lucia Rodriguez Lomba, 3 anos

Se pinchas na pila de imaxes accederás á galería de todos os finalistas:

Pincha para acceder á galería

Se non podes ler os nomes dos participantes pulsa F11 no teu monitor. Se segues sen poder velos será mellor que merques un monitor máis grande :)

Sábado 6 de Xaneiro de 2007

Cabalgata de Reis de A Guarda

Melchor, Gaspar y Baltasar recorrieron la villa en coches descapotables. El camión de ‘ábaco’ repartió regalos a lo largo del recorrido.

La Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’ y el Concello de A Guarda han obtenido gran éxito en la Cabalgata de Reyes. Melchor, Gaspar y Baltasar han vuelto a recorrer las calles de esta villa marinera, esta vez en coches históricos descapotables.

Todos los ciudadanos, acompañados de los pequeños de la casa, salieron a la calle para no perderse este evento.
El gran muñeco de nieve de ‘ábaco’ que durante dos años acompaña a Papá Noel en Navidades fue el encargado de abrir el desfile. Tras él, al compás del “Ay ho, ay ho” las Mulleres Rurais de A Guarda se convirtieron en Blancanieves y los siete enanitos. Mickey Mouse y Minnie Mouse, con su perro Pluto, Bus Bunny, el Tío Gilito y unos peces formaron parte de la cabalgata.

A continuación, los bomberos de A Guarda tuvieron presencia también con su camión, decorado con enormes globos de colores. Y tras ellos, Melchor, Gaspar y Baltasar, acompañados de sus pajes, saludaban a su paso a los más pequeños.

Para cerrar la cabalgata, la carroza de ‘ábaco’, con una gran estrella fugaz en lo alto, puso color a las calles de la villa. El dorado y el plateado fueron los reyes de la fiesta. Con gorros plateados y dorados y una corbata dorada a juego con la carroza, los “ayudantes” de los Reyes Magos de Oriente obsequiaron, además de con más de 500 kilos de caramelos y bombones, con numerosos regalos a los incansables espectadores de esta cabalgata, que siguieron desde el puerto hasta la Praza do Reló a los Tres Reyes Magos, pasando por Concepción Arenal, la Alameda, Rúa de Galicia y Vicente Sobrino. Al terminar el recorrido, Melchor, Gaspar y Baltasar saludaron a los más pequeños desde los balcones del Ayuntamiento y a continuación recibieron a los pequeños de la casa para que pudieran hacerles un último encargo antes de repartir los regalos por las casas.

Xoves 4 de Xaneiro de 2007

Apertura en festivos 2007, Lei de Horarios Comerciais e Campaña de rebaixas 2007

DOMINGOS E FESTIVOS NOS QUE SE AUTORIZA A APERTURA DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS DURANTE O ANO 2007 (DOG 26/12/2006)
A Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Orde do 18 de decembro de 2006, fixou en 8 os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura dos establecementos comerciais durante o ano 2007, cun horario máximo de 12 horas diarias.

  • Domingo, 7 de xaneiro
  • Domingo, 1 de xullo
  • Xoves, 1 de novembro (Festividade de Tódolos Santos)
  • Venres, 8 de decembro (Festividade da Inmaculada Concepción)
  • Domingos, 2, 16, 23 e 30 de decembro.

ENTRADA EN VIGOR DA NOVA LEI DE HORARIOS COMERCIAIS EN GALICIA
O 29 de Decembro de 2006, entrou en vigor a NOVA LEXISLACIÓN DOS HORARIOS COMERCIAIS EN GALICIA, lexislación que se recolle no DOG do 28 de decembro: LEI 13/2006, do 27 de decembro, de HORARIOS COMERCIAIS DE GALICIA.


  • TODOS OS ESTABLECEMENTOS DEBERÁN EXPOR NUN LUGAR VISIBLE DENDE O EXTERIOR, O HORARIO DE APERTURA E PECHE
  • HORARIO XERAL: MÁX. 12 h/día, MÁX. 72 h/semán (será o comerciante quen fixe o seu horario, DENTRO DAS LIMITACIÓNS ESTABLECIDAS)

  • FRANXA HORARIA: A actividade desenvolverase entre as 8:00h e as 24:00h. Os días 24 e 31 de decembro, de ser laborais, o peche será como máximo ás 20:00 h.


NORMATIVA PARA OS COMERCIANTES QUE PARTICIPEN NAS REBAIXAS DE INVERNO (“Orde do 29 de novembro de 1996, pola que se establecen as tempadas nas que poderán ter lugar as rebaixas nos establecementos comerciais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia”-DOG 13/12/1996

PERÍODO DE REBAIXAS AUTORIZADO
(O período de REBAIXAS DE INVERNO comprende dende o 7 de Xaneiro e remata o 7 de Abril. Dentro destas datas, cada comerciante fixará a duración de rebaixas que considere máis convinte, sempre que sexa como MÍNIMO DUNHA SEMÁN E MÁXIMO DE DOUS MESES.)

  • Inicio:7 de Xaneiro.

  • Remate: 7 de Abril.


Pincha eiquí se queres descargar un arquivo coa información extendida:

Apertura en festivos 2007, Lei de Horarios Comerciais e Campaña de rebaixas 2007 en PDF