Apertura en festivos 2007, Lei de Horarios Comerciais e Campaña de rebaixas 2007
DOMINGOS E FESTIVOS NOS QUE SE AUTORIZA A APERTURA DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS DURANTE O ANO 2007 (DOG 26/12/2006)
A Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Orde do 18 de decembro de 2006, fixou en 8 os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura dos establecementos comerciais durante o ano 2007, cun horario máximo de 12 horas diarias.
- Domingo, 7 de xaneiro
- Domingo, 1 de xullo
- Xoves, 1 de novembro (Festividade de Tódolos Santos)
- Venres, 8 de decembro (Festividade da Inmaculada Concepción)
- Domingos, 2, 16, 23 e 30 de decembro.
ENTRADA EN VIGOR DA NOVA LEI DE HORARIOS COMERCIAIS EN GALICIA
O 29 de Decembro de 2006, entrou en vigor a NOVA LEXISLACIÓN DOS HORARIOS COMERCIAIS EN GALICIA, lexislación que se recolle no DOG do 28 de decembro: LEI 13/2006, do 27 de decembro, de HORARIOS COMERCIAIS DE GALICIA.
- TODOS OS ESTABLECEMENTOS DEBERÁN EXPOR NUN LUGAR VISIBLE DENDE O EXTERIOR, O HORARIO DE APERTURA E PECHE
- HORARIO XERAL: MÁX. 12 h/día, MÁX. 72 h/semán (será o comerciante quen fixe o seu horario, DENTRO DAS LIMITACIÓNS ESTABLECIDAS)
- FRANXA HORARIA: A actividade desenvolverase entre as 8:00h e as 24:00h. Os días 24 e 31 de decembro, de ser laborais, o peche será como máximo ás 20:00 h.
NORMATIVA PARA OS COMERCIANTES QUE PARTICIPEN NAS REBAIXAS DE INVERNO (“Orde do 29 de novembro de 1996, pola que se establecen as tempadas nas que poderán ter lugar as rebaixas nos establecementos comerciais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia”-DOG 13/12/1996
PERÍODO DE REBAIXAS AUTORIZADO
(O período de REBAIXAS DE INVERNO comprende dende o 7 de Xaneiro e remata o 7 de Abril. Dentro destas datas, cada comerciante fixará a duración de rebaixas que considere máis convinte, sempre que sexa como MÍNIMO DUNHA SEMÁN E MÁXIMO DE DOUS MESES.)
- Inicio:7 de Xaneiro.
- Remate: 7 de Abril.
Pincha eiquí se queres descargar un arquivo coa información extendida:
Apertura en festivos 2007, Lei de Horarios Comerciais e Campaña de rebaixas 2007 en PDF