Gañadores do Concurso de Debuxo de Nadal de 'ábaco'
Onte, nas galerías da Praza nova, tivo lugar a elección dos debuxos gañadores da II Edición do Concurso de Debuxo de Nadal de 'ábaco'.
O xurado estivo formado por Antón Ferreira Lorenzo, Ricardo Rodriguez Vicente y Rodrigo Fernandez Estevez. Debido a diversidade de idades dos participantes e, pese a que nas bases estaban previstos tes premios, o xurado propuxo a creación dun premio máis para as idades mais pequenas, e a directiva de 'ábaco' estivo de acordo, polo que os gañadores e os seus premios son:
- Alicia Gómez Marín, 10 anos: Unha Play Station 2
- Roi Portela García, 5 anos: Unha cámara de fotos dixital
- Míriam Alonso Martínez, 13 anos: Un MP4
- Lucía Rodríguez Lomba, 3 anos: Uns puzzles
Este ano a participación foi moi elevada, rondando os 800 participantes e todos recibiron agasallos sorpresa.
Agradecemos ós membros do xurado a sua colaboura e o especial interese amosado na elección dos gañadores.
Se pinchas na pila de imaxes accederás á galería de todos os finalistas:
Se non podes ler os nomes dos participantes pulsa F11 no teu monitor. Se segues sen poder velos será mellor que merques un monitor máis grande :)
