Reflexións sobre a Cabalgata de Reis e o compromiso do Alcalde co pobo de A Guarda
A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios “ábaco”,
organizadora xunto co Concello da Cabalgata de Reis 2007, quere
precisar unha serie de feitos para logo reflexionar sobre eles:
- “ábaco” ponse en contacto coa Concellalía de Cultura en setembro de
2006, co fin de ofrecer a sua colaboración e organizar a Cabalgata de
Reis e outras actividades do Nadal, do mesmo xeito que fixo o ano
anterior; pide ademáis que o Concello contacte con outras asociacións
cás que organizar estas actividades en conxunto; segundo o Concello,
só as Mulleres Rurais están dispostas a colaborar.
- A Campaña de Nadal foi na sua totalidade organizada e financiada por
“ábaco”, colaborando ademáis co noso Pai Noel, carroza e algúns
agasallos na visita á Residencia Monte Santa Tecla en representación
do Concello.
- A finalidade da Cabalgata de Reis é por un lado a de darlle a
poboación infantil de A Guarda unha celebración do xeito que se merece
sen que teñan que ir ver as doutros sitios; e por outro lado a de
tentar que o comercio e a hostelería do municipio perciban as vantaxes
da gran afluencia de xente polas rúas nesas datas. -Dita Cabalgata foi
organizada por “ábaco” e polo Concello de A Guarda como figuraba nos
carteis publicitarios, téndose “ábaco” comprometido a correr cos
gastos de cartelería, megafonía e organización, mentres que o Concello
comprometeuse a garantir a presenza dos Reis e financiar algúns gastos
da carroza.
Despois de constatar algúns feitos, a Xunta Directiva de “ábaco” faese
os seguintes cuestionamentos:
- ¿Cómo pode ser que o Alcalde non avalara coa sua presenza a
Cabalgata oficial onde participa o Concello?
- ¿Por qué a Cabalgata de A Guarda non tivo ninguna presenza nos
medios gráficos cando todos os concellos que organizaron algunha sí a
tiveron?
- ¿Notifica o Concello as suas actividades os medios para
promocionalas e verifica logo que sexan publicadas?
Tras estas reflexións parte da directiva de “ábaco” decidiu reunirse
co Alcalde para polo en coñecemento das mesmas o día 8 de xaneiro, e a
reposta do Alcalde foi “ Eu sun o Alcalde e como tal non teño que dar
explicacións a ninguén”.
Ante esta resposta, “ábaco” da por rematada a reunión e faise unha
última reflexión:
¿Non debe o Alcalde dar explicacións ó pobo ó que representa?
Dende “ábaco” cremos :
- Que o Sr Alcalde debe explicarnos a sua falta de compromiso con e
para o pobo de A Guarda neste evento.
- Que debe dar explicacións ós co-organizadores da Cabalgata que
puxeron da sua parte todo canto poideron para que ouvera unha
Cabalgata digna deste pobo, deixando seus negocios e familias de lado
nunhas datas tan sinaladas.
- Que debe dar explicacións ó comercio e comerciantes ós que “ábaco”
representa , ainda que todo o comercio de A Guarda en xeral, pola sua
ausencia nos actos importantes do pobo.
- Cremos finalmente que a Campaña de Nadal e a Cabalgata de Reis que
organizamos foron un ÉXITO a pesar do pouco tempo e medios cos que
contamos, éxito que é o único do que o Sr Alcalde non debe dar
explicacións xa que non participou nel.