" /> Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco': Xullo 2007 Archives
ábaco

« Maio 2007 | Páxina principal | Outubro 2007 »

Venres 20 de Xullo de 2007

Presentación da Festa da Rosca


O vindeiro domingo 29 de xullo terá lugar a XII Festa da Rosca de Xema da Guarda organizada por 'ábaco'.

Terá lugar no porto da Guarda a partires das 12 dó mediodía, hora na que será lido o pregón por parte de Montserrat Cores Prado, Delegada da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. Despois do pregón actuará o grupo Folk "Deixa Andar", que voltará a facelo ás 19:00 horas.

O prezo por ración será dun Euro.

Haberá atraccións para os nenos e agasallos para os asistentes.

Presentación da Festa da Rosca de Xema por parte do Presidente e Vicepresidente de 'ábaco'.