Presentación da Festa da Rosca
![]()
O vindeiro domingo 29 de xullo terá lugar a XII Festa da Rosca de Xema da Guarda organizada por 'ábaco'.
Terá lugar no porto da Guarda a partires das 12 dó mediodía, hora na que será lido o pregón por parte de Montserrat Cores Prado, Delegada da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia. Despois do pregón actuará o grupo Folk "Deixa Andar", que voltará a facelo ás 19:00 horas.
O prezo por ración será dun Euro.
Haberá atraccións para os nenos e agasallos para os asistentes.
![]()
Presentación da Festa da Rosca de Xema por parte do Presidente e Vicepresidente de 'ábaco'.