"O Comercio Móvese" un éxito rotundo en todos os eidos
'ábaco' expresa ou seu malestar pola recollida de sinaturas en contra dunha iniciativa para beneficiar ao comercio de A Guarda. Éxito é ou cualificativo que dende ábaco queremos darlle á campaña realizada por esta asociación na praza do As de Copas da Guarda os días 8 e 9 deste mes de novembro. "O Comercio Móvese" é unha campaña deseñada con dous obxectivos ben marcados.
Por unha banda buscar a dinamización do comercio nunha época cun acusado descenso dá actividade diaria nas rúas das nosas vilas, coa correspondente baixada nas vendas. Motivo polo que escollemos a praza do As de Copas para levar a cabo dita campaña, centro neurálxico do comercio.
Sabedores da perda de aparcamento durante tres días e das molestias que conleva o reaxuste dá circulación de tráfico, seguíamos estando seguros de que ese era o enclave perfeito.
Pasados varios días do remate do evento, e despois de apreciar que os problemas de circulación foron mínimos, e o informe dá policía local favorable, preguntámoslles aos comercios dá zona polos posibles perxuizos derivados pola falta de aparcamento, e son estes comercios os primeiros en felicitarnos, xa que en vez de perdas, esta campaña foi quen de aumentar ás vendas, Queda así o primeiro obxectivo cumprido.
O segundo obxectivo que "O Foro Galego de Comercio” e ábaco queren acordar con esta iniciativa, non é outro que facer chegar aos consumidores a importancia que ten o comercio de proximidade para a boa saúde dás nosas vilas. É por iso que nos achegamos ás escolas, para facer a xeito de visitas quiadas unha viaxe pola historia do comercio. Déste modo os máis cativos, o futuro dás nosas vilas, son sabedores dás vantaxes que ten comprar no noso comercio, aos problemas aos que nos enfrontamos, e a importancia do asociacionismo, etc.
Cando un neno aprende algo na escola e ademais o fai divirtíndose, o primeiro ao chegar á casa e contarllelo aos pais, por iso é que esta "clase" sobre o que é o comercio vai acompañada de animación infantil.
Pois ben, por esta exposición dos días 8 e 9 de novembro, pasaron arredor duns 1500 nenos, todos eles viviron de primeira man o significado do comercio e de seguro que esa experiencia lla transmitiron aos seus pais, clientes potenciais dás nosas empresas, sen contar todolos que foron acompañados por pais e avós e a viviron de primeira man.
Son estes números os que avalan o éxito rotundo deste segundo obxectivo.
Dito isto só nos queda quéda dar ás grazas ao Concello de A Guarda, por envorcarse neste proxecto no xeito no que o fixo, darlle ás grazas tamén ás demais forzas políticas que souberon ver a importancia que tiña a exposición para o pobo de A Guarda, e non aproveitaron a ocasión como o fixo o Partido popular, para facer política coa recollida de sinaturas en contra dunha iniciativa innovadora cuxa causa creemos mais que xustificada (e que o seu éxito así o avala), e encontra dun colectivo que defende ao comercio de A Guarda, hoxe en día a principal fonte de recursos dá vila.
Polo que queremos deixar en claro que somos unha asociación que en nada ten que ver coa política, pero que coma todas necesitan do seu apoio.
Por último queremos darlle as grazas ao pobo de A Guarda, nosos clientes potenciais ao fin e ao cabo, pola comprensión que demostraron e do mesmo xeito pedímoslles perdón polas molestias que este tipo de eventos poden ocasionar, sempre involuntariamente, pero tamén sempre por un ben xeral.