ábaco

« Nova anterior | Páxina inicial | Nova seguinte »

'ábaco' afirma "En Galicia non somos parvos"

Click para ampliarA Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ábaco, indignada ante os paneis publicitarios colocados nas estradas A Guarda-Baiona e A Guarda-Tui dá resposta afirmando "En Galicia non somos parvos".

Ábaco expresa o seu malestar e indignación polo anuncio publicitario da empresa de orixe alemá Media Markt, no que di "Galicia es muy cara, esto se va a acabar, Media Markt, Yo no soy tonto". Dende esta asociación consideramos que este anuncio supón un menoscabo aos intereses económicos de toda a comunidade galega, así como un duro golpe a todas as empresas que nela están establecidas. Ademais de subestimar ou intentar menosprezar a capacidade dos consumidores que non realicen as súas compras neses establecementos.

Cabe sinalar tamén, que esta empresa caracterizada pola súa publicidade agresiva ten xa antecedentes tanto de denuncias coma de sancións, por incorrer en supostos de publicidade ilícita e insultante como o sinala o artigo 3 da Lei 34/1988 Xeneral de Publicidade onde se prohibe "todo anuncio que atente contra a dignidade da persoa ou vulnere os valores ou dereitos recoñecidos na Constitución".

Dende ábaco solicitamos a retirada inmediata desta campaña publicitaria á que consideramos de pouco ética e desprestixadora tanto do noso comercio coma da nosa xente.

Engadir un comentario