" /> Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios 'ábaco': Marzo 2008 Archives
ábaco

« Febreiro 2008 | Páxina principal | Abril 2008 »

Luns 31 de Marzo de 2008

Inauguración da nosa sede

O martes 25 de marzo, ás 20:30 horas, tivo lugar a inauguración da nova sede da "Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios""ábaco" sita na rúa Manuel Lomba, 7 de A Guarda.

O acto estivo presidido polo presidente da asociación de comerciantes, José Ángel Gándara e o presidente do "Foro Galego do Comercio, José Bangueses, as novas instalacións foron bendicidas polo pai Vidal, do Colexio Somascos. Ao acto asistiron máis de 40 persoas, entre asociados e autoridades.

Na presentación, José Ángel Gándara, presidente de 'ábaco', agradeceu a asistencia de asociados e outras autoridades e en especial á Consellería de Innovación e Industria e á Consellería de Traballo, así como á Entidade "Caixanova" pola colaboración e achega a esta asociación para poder chegar a dispoñer destas instalacións en beneficio do comercio gardes.

Tras a inauguración do local, os asistentes pasaron á presentación da "Xornada Informativa" sobre "Selo de Calidade" do comercio galego, onde José Bangueses realizou unha pequena introdución, recalcando a importancia de sumarse a esta nova iniciativa da Xunta de Galicia, así como felicitando a todos os asociados por poder dispoñer das novas instalacións, fundamentais para poder desempeñar un bo labor en beneficio dos comerciantes.

A continuación Anxélica Lemos, persoa que se encargará de visitar os comerciantes que estean interesados en acollerse a este distintivo para o comercio galego expuxo os presentes, os pasos a seguir para obter o selo de calidade do comercio galego, así como a contestar as preguntas que os presentes realizaron.

Destacaron todos os intervinientes a importancia para o comercio de conseguir este distintivo de calidade, co fin de diferenciar o comercio de calidade do resto.

A todos os asistentes, a lles entrego unha carpeta con toda a información acollerse a esta nova iniciativa da Xunta de Galicia, así como os impresos que deberán cubrir os interesados en solicitar esta distinción.

Todas aquelas persoas que desexen información sobre o "Selo de Calidade" poden dirixirse ás oficinas da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios "ábaco" sita na rúa Manuel Lomba, 7.

O acto pechouse cun viño da zona, asi como a degustación de empanadas e a tradicional rosca de xema.


Domingo 23 de Marzo de 2008

Xornada informativa do Selo de Calidade do Comercio Galego

A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios “ábaco” organiza o martes 25 de marzo na sua sede social coa colaboración do Foro Galego do Comercio unha Xornada Informativa sobre os sinxelos requisitos que deben cumplir os establecementos comerciais que desexen obter O Selo de Calidade do Comercio Galego.

A CALIDADE, na súa aplicación nos diferentes contextos dos sectores económicos, é un dos elementos básicos nos que se debe fundamentar unha extratexia empresarial de competitividade. Podemos facer referencia á implantación de sistemas de calidade na industria, ou podemos referirnos aos produtos galegos de calidade certificados, ou tamén da procura da calidade dos produtos galegos. Sexa cal sexa o ámbito no que nos atopemos á implantación da calidade, busca o cumprimento duns estándares que fagan competitivas ás nosas empresas.

Neste contexto a Consellería de Innovación e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, decidíu traballar pola promoción da calidade e a excelencia no comercio galego mediante a creación dun distintivo propio: CALIDADE DO COMERCIO GALEGO

O Foro Galego do Comercio xunto coas asociacións e centros comerciais abertos que o integran organizan un ciclo de Xornadas Informativas sobre os sinxelos requisitos que deben cumplir os establecementos comerciais que desexen obter O Selo de Calidade do Comercio Galego.

O obxectivo é que o comercio mellore, se modernice e se adapte á nova realidade sociolóxica, potenciando as súas características de trato persoal, proximidade e confianza como elementos de competitividade.

Trátase de crear unha imaxe que unifique e identifique colectivamente ao noso comercio, en base a parámetros de calidade, dotandoo de valor diferencial.

O cumprimento dos requisitos establecidos para a obtención do Selo de Calidade do Comercio Galego implicará, para aqueles establecementos comerciais que o acaden, dúas vantaxes significativas:

o AFIANZAMENTO DOS CLIENTES: O esixente consumidor/a de hoxe en día valora a proximidade, a imaxe atractiva dos establecementos, o asesoramento, o trato personalizado e cercano, a capacidade de resposta dun profesional que coñece os artigos que vende. A consecución do Selo é unha garantía de cumprimento destes parámetros.

o VALOR DIFERENCIAL dos establecementos comerciais que consigan e adopten o Selo respecto de aqueles que non o adopten. Xa que logo, estamos a falar dun valor engadido que reporta maior competitividade.

Xoves 6 de Marzo de 2008

Campaña do Día do Pai

Co gallo da celebración do 'Día do Pai' o próximo 19 de marzo, 'ábaco' realizará unha campaña de promoción do comercio entre os días 14 e 19, ofrecendo aos seus clientes a participación nun sorteo directo, mediante a extracción dun sobre onde os afortunados acadarán como premio un mandil, e os non afortunados, recibirán unha felicitación polo día do pai.

Nos mandils, figura o lema 'HOXE COCIÑO EU'.

Repartiranse un total de MIL QUINIENTOS mandils por parte dos comerciantes e empresarios da Guarda e O Rosal, entre os sus clientes.