Inauguración da nosa sede
O martes 25 de marzo, ás 20:30 horas, tivo lugar a inauguración da nova sede da "Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios""ábaco" sita na rúa Manuel Lomba, 7 de A Guarda.
O acto estivo presidido polo presidente da asociación de comerciantes, José Ángel Gándara e o presidente do "Foro Galego do Comercio, José Bangueses, as novas instalacións foron bendicidas polo pai Vidal, do Colexio Somascos. Ao acto asistiron máis de 40 persoas, entre asociados e autoridades.
Na presentación, José Ángel Gándara, presidente de 'ábaco', agradeceu a asistencia de asociados e outras autoridades e en especial á Consellería de Innovación e Industria e á Consellería de Traballo, así como á Entidade "Caixanova" pola colaboración e achega a esta asociación para poder chegar a dispoñer destas instalacións en beneficio do comercio gardes.
Tras a inauguración do local, os asistentes pasaron á presentación da "Xornada Informativa" sobre "Selo de Calidade" do comercio galego, onde José Bangueses realizou unha pequena introdución, recalcando a importancia de sumarse a esta nova iniciativa da Xunta de Galicia, así como felicitando a todos os asociados por poder dispoñer das novas instalacións, fundamentais para poder desempeñar un bo labor en beneficio dos comerciantes.
A continuación Anxélica Lemos, persoa que se encargará de visitar os comerciantes que estean interesados en acollerse a este distintivo para o comercio galego expuxo os presentes, os pasos a seguir para obter o selo de calidade do comercio galego, así como a contestar as preguntas que os presentes realizaron.
Destacaron todos os intervinientes a importancia para o comercio de conseguir este distintivo de calidade, co fin de diferenciar o comercio de calidade do resto.
A todos os asistentes, a lles entrego unha carpeta con toda a información acollerse a esta nova iniciativa da Xunta de Galicia, así como os impresos que deberán cubrir os interesados en solicitar esta distinción.
Todas aquelas persoas que desexen información sobre o "Selo de Calidade" poden dirixirse ás oficinas da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios "ábaco" sita na rúa Manuel Lomba, 7.
O acto pechouse cun viño da zona, asi como a degustación de empanadas e a tradicional rosca de xema.



