Ábaco adianta a aparición da súa guía comercial
Debido á enorme repercusión da I Ruta do Pincho organizada por 'ábaco', que conseguíu achegar unha grande cantidade de participantes dende outras bisbarras, a Xunta Directiva de 'ábaco' decidiu adiantar a aparición da súa guía comercial, para poder distribuila entre os turistas participantes.
Dentro dos obxectivos de ábaco está impulsar A Guarda como un destino turístico de calidade, ademais de dinamizar e publicitar o pequeno comercio local, para o que vén realizando diversas campañas.
Como parte da campaña denominada "A pé de rúa", 'ábaco' edita, un rueiro comercial, actualizando datos locais, entre os que está:
Un listado de socios de 'ábaco' organizados segundo a súa actividade comercial, teléfonos de interese de servizos locais como Oficina de Turismo, Policía Local, Protección Civil, Centro de Saúde, sen esquecer o da nosa sede, e zonas de interese a visitar para descubrir o encanto da Guarda, organizadas a través de rutas:
Ruta 1:
Porto
1.- Lonxa de peixe
2.- Artes de pesca
3.- Monumento ao mariñeiro
4.- Antigo barrio pesqueiro
Praza do Reló
5.- Concello
6.- Torre do reló
7.- Antiga casa dos Alonsos
Igrexa parroquial
8.- Igrexa parroquial (S.XII)
Centro urbano
9.- As de Copas
10.- Alameda
11.- Centro Cultural
Castelo de Santa Cruz
12.- Castelo de Santa Cruz (S.XVII)
Ruta 2:
Monte Santa Trega
13.- Rutas de senderismo
14.- Poboado Galaico-Romano
15.- Petroglifos
16.- Viacrucis
17.- Ermida de Santa Trega
18.- Miradoiros ao Estuario do Miño
Outras rutas:
A Guarda-Oia-Baiona
- Mosteiro de Oia
- Faro de Cabo Silleiro
- Parador de Baiona
A Guarda-O Rosal
- Muíños do Folón-Picón
- Ruta do viño
- Praza do Calvario
- Igrexa de Sta. Magdalena en Eiras
A Guarda-Tui-Valença
- Catedral de Tui
- Zona monumental de Tui
- Murallas de Valença
Este plano de empresas e servizos é unha iniciativa que intenta reforzar o coñecemento e valoración da oferta comercial e de servizos do tecido empresarial e comercial de A Guarda. O plano e as rutas foron deseñados pola empresa guardesa Índice Comunicación.
Conta co patrocinio e a colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Caixanova.
Editáronse un total de 20.000 exemplares que se distribuírán entre todas as empresas asociadas.
Pódense solicitar ademais, na sede da Asociación 'ábaco', na rúa Manuel Lomba 7 da Guarda.
Podes descargar unha imaxe reducida do rueiro facendo 'clic' aquí.
.