ábaco

« Nova anterior | Páxina inicial

Sinatura do convenio con Caixanova

O Presidente da Asociación do Baixo Miño de Comerciantes y Empresarios – 'ábaco', José Ángel Gándara Rodríguez e o Director de Comarca do Baixo Miño de Caixanova, José Manuel Nogueira Durán, asinaron esta mañá a renovación do Convenio Financieiro que veñen mantendo dende o pasado maio de 2007.

Neste convenio contémplanse unha serie de condicións financieiras ventaxosas para as empresas asociadas como a Tarxeta Comercio e o Crédito telefónico Crediventa, modalidades que permiten o pago fraccionado en prazos de ata 12 meses sen intereses nin comisións para o comprador.

A sinatura deste novo convenio supón o compromiso común coa economía da Comarca contribuíndo no desenvolvemento e impulso daquelas iniciativas emprendidas por 'ábaco' e que teñan por obxecto a promoción das actividades dos seus asociados.

'ábaco' é unha organización que ten entre os seus obxectivos prioritarios a promoción da actividade do comercio e a pequena empresa, en xeral, no ámbito comarcal, dinamizando o tecido productivo do sector servizos.

Pola súa banda, Caixanova, como entidade líder en Galicia busca, dende os seus ámbitos financieiro e social, apoiar o desenvolvemento de Galicia e, neste sentido, realiza unha importante actividade económica e social que ten como obxectivo prioritario o apoio aos proxectos e iniciativas que impulsen o crecemento dos sectores productivos.

Engadir un comentario